Os peiraos do porto deportivo de Rianxo son perfectos para o amarre de embarcacións grazas ao abrigo dos seus diques e á súa situación privilexiada no interior da ría, de augas tranquilas e lonxe do mar aberto.
Para as persoas amantes da vela, o Náutico de Rianxo conta cunha escola. Con frecuencia celébranse regatas con alta participación. Ademais dos seus 118 amarres, nas súas instalacións atópanse local social, cafetería, aparcadoiro e gasolineira.